Buscar
  • ccdtaragona

Entrevista: Diego Bendaña. Coordinador Fútbol base


Diego Bendaña Dacosta (1991)

Diego Bendaña Dacosta (Santiago de Compostela) incorporouse esta tempada á familia do CCD no cargo de Coordinador de Fútbol Base. É un traballo difícil pero toma o reto dun cargo novo para el, con gañas de aprender e ir collendo experiencia. Accedeu gustoso á nosa entrevista, a cal vos deixamos para que o coñezades un pouquiño mellor.


1 - Para que che poida conocer a xente, ¿Cal é o teu currículum deportivo?


Empecei xogando aos 6 anos no equipo do colexio, La Salle, pouco despois empecei a compaxinalo co fútbol 7 no Rosalía de Castro o cal ahora se chama Conxo-Santiago. Ao pasar a xuvenís fun para o Conxo, onde ascendimos a División de Honra.


O meu comezo como sénior foi no Santiago de Compostela, con 18 anos, aos 2 anos, fichei polo Grixoa e ascendemos a 3ª división. Ao seguinte ano, fichei polo Boiro, onde xoguei unha promoción a 2ªB que perdemos contra o Náxara.


Os 2 seguintes anos xogueinos no CF Noia, onde estiven 3 tempadas ata que agora cheguei á SD Negreira.


2 - ¿Qué che levou a aceptar o cargo de Coordinador de Fútbol Base?


Aceptar este cargo levoume sobre a todo a seguir aprendendo nesto do fútbol, ao final si esto che gusta, sempre queres aprender cada día, é certo que cos compañeiros que hai na directiva e moito máis fácil, xa que é a primeira vez que estou a un cargo de coordinador e eles estanme a axudar moito.


3 - ¿Foches adestrador de Fútbol Base, cales son os mellores recordos desa época?


O mellor recordo como adestrador que tiven foi como adestrador de fútbol sala, no club Alto do Vento, o cal era o primeiro ano que os adestraba, era categoría benxamín, e conseguimos o subcampeonato galego ao lado de Joaquín Iglesias, unha pena non ser campións... pasabamos ao campeonato de España, que era en Jaén e sería unha bonita experiencia, aínda así moi contentos polo subcampeonato galego sendo o primeiro ano.


4 - ¿No fútbol base debe prevalecer a competividade ou a formación?


Nestas idades penso que debe prevalecer a formación de cada xogador, a todos nos gusta gañar, pero o que máis deberíamos de fixarnos tería que ser, ver como cada neno vai mellorando individualmente e o equipo colectivamente.


Ao final os adestradores, máis que iso son profesores.


5 - ¿No panorama actual do fútbol, estase levando o Fútbol base a ser un negocio?


Está claro que non pasa en todos os clubes iso, pero hai en moitos que sí que pasa e é unha pena, sendo nenos tan xóvenes.


6 - Lavamos uns anos coa polémica das goleadas no Fútbol Base... ¿cal é o teu punto de vista?


É un tema delicado, porque hai moitos puntos de vista, eu recordo cando era neno, e recordo que isto antes non era debate e tamén había goleadas, pero non vexo mal o de ahora tampouco, hai en moitos sitios que os partidos ata categoría prebenxamín os dividen en 4 partes e o resultado que queda reflexado e o de menor goles en contra, non é unha mala iniciativa a verdade.


7 - ¿O futbolista nace o faise?


O futbolista nace pero tamén faise, o que nace está claro que vai haber que axudarlle menos nalgúns aspectos que ao que hai que facer, pero tamén é certo que o que nace tamén ao mellor hai que estarlle máis encima para que non se note confiado e se deixe levar.


8 - ¿Qué consello darías ós nosos rapaces que empezan agora e soñan con triunfar?


Sobre todo aos máis xóvenes que o pasen ben e que disfruten moito do deporte, xa é igual si e fútbol, tenis, acrobática... o que sexa, pero que disfruten do que fan e aos non xa tan pequenos, que teñan moito compromiso e actitude por querer adestrar e adestrar ben, triunfar non é fácil.

9. Para rematar, algo máis persoal:


Un futbolista: Zinedine Zidane

Un adestrador: Quique Sétien

Un estadio: Santiago Bernabeu

Unha manía: Salir co pé dereito ao campo

Algo para desconectar do fútbol: Amigos

Un soño deportivo: Seguir disfrutando do fútbol

Un domingo libre, vemos fútbol base ou liga profesional: Compaxinamos

Fútbol actual ¿deporte ou negocio? Deporte

Estadio e bocata ou televisión e sofá? Estadio e bocata

¿Qué máis deportes segues? Tenis, Motos e Pádel


Moitas grazas por acceder á entrevista. Esperamos que poidas aprender desta nova etapa como Coordinador nas categorías inferiores do CCD.


Moita sorte e vémonos nos campos!



60 vistas

© 2017 by CCDTARAGOÑA