- ccdtaragona
Entrevista: Juan Carlos Pájaro. Adestrador CCD Taragoña Senior

Juan Carlos Pájaro Casal, conocido no mundo do fútbol como "Pájaro", é adestrador do equipo Senior dende decembro do 2018. Hoxe, traemos unha pequena entrevista para que sepades un pouco máis sobre o timonel do noso barco....
1. Para que che poida coñecer a xente, ¿Cal é o teu curriculum deportivo?
Comencei no Compostela na base, moi novo; despois estiven moitos anos na base do Villestro. Fichei polo Xuventude Oroso de cadetes, ascendemos á Galega. De ahi, pasei a adestrar ó Sigüeiro en Segunda e ascendemos a Primeira. O seguinte destino foi o San Mamed, en Segunda, xogando a fase de ascenso a Primeira, e agora, o Taragoña.
2. ¿Qué significa para ti ser adestrador de fútbol?
Unha pasión, algo que completa a miña vida xunto coa familia e o traballo. Gústame competir, adestrar, traballar nun proceso de mellora continua e a relación/xestión dos xogadores.
3. Defínete coma adestrador.
En continuo aprendizaxe e evolución. Ademáis, intento escapar do debate gañar ou xogar ben, porque é un debate valeiro. Xogar ben é adaptarse ás condicións do partido, é ter bo trato co balón e sobre todo, chegar e facer moitas ocasións.
4. ¿O teu mellor momento ata agora como adestrador?
E curioso, porque creo que moita xente respondería abolindo ós éxitos deportivos; pero quédome co actual, co presente. Sen olvidar moi bos momentos no pasado... Os bos momentos para min son traballar cómodo e estar a gusto, non sempre está vinculado a éxitos deportivos.
5. ¿Adáptanse os xogadores ó adestrador ou o adestrador ós xogadores?
Sen dúbida o adestrador ós xogadores. Os xogadores son os máis importantes. Nós estamos para sumar e intentar axudalos a sacar o mellor deles. Na miña traxectoria como adestrador cambiei a forma de xogar adaptándome ós xogadores que tiven, sempre buscando o mellor deles.
6. ¿Cómo motivas ós xogadores para saír ó terreo de xogo?
Intento darlle moita información para que se sentan seguros do que van a facer. Intento durante a semana, facer foco no partido e nos puntos clave.
7. ¿O futbolista nace ou faise?
Nace e faise. Sería unha resposta moi longa a desarrollar. O talento hai xente que o trae de serie pero o adestramento da moita mellora. Son un defensor acérrimo de que entrenando na base sobre todo, pero en xeral con todos, os futbolistas pódense mellorar e evolucionar.
8. ¿Qué consello darías ós nosos rapaces e rapazas que empezan agora e soñan con triunfar?
Primeiro, que se divirtan xogando e adestrando c@s amig@s e compañeir@s. Despois, que teñan a pasión e o entusiasmo por aprender e mellorar. Moita paciencia, que na actualidade falta... triunfar, triunfan moi poucos, pero que disfruten do percorrido.
9. Para rematar, algo máis persoal:
Un futbolista: Moitos, prefiro non dar ningún nome. Esto é un deporte de equipo
Un adestrador: Bielsa sobre todo
Un estadio: Santiago Bernabeu
Unha manía: Moitas, aínda que intento escapar e eliminalas
Algo para desconectar do fútbol: A familia
Un soño deportivo: Seguir crecendo como adestrador. Ter éxitos co Taragoña
Un domingo libre, vemos fútbol base ou liga profesional: Son máis de fútbol rexional e de base.
Fútbol actual ¿deporte ou negocio? Por desgracia, moitas veces negocio que escapa do deporte.
Estadio e bocata ou televisión e sofá? Estadio
¿Qué máis deportes segues? Todos en xeral. Aínda que me gusta máis practicar e xogar.
Moitas grazas pola complicidade e por respostar á nosa entrevista. Seguiremos véndote na bada dos campos da Segunda Rexional....
(Foto: La Voz de Galicia)